lunes, 20 de julio de 2009

¿Quo Vadis, Manuel Sánchez?

Pois si, o que está pasando con D. Manuel Sánchez, representante de Esquerda Unida no Concello de Fene, e para psicoanalizar con moita calma.



Primeiramente, lembrar a gran dedicación, traballo, humildade e dignidade que tiveron todos os representantes elexidos polo pobo de Fene, que perteneceron ao longo destes anos ás diferentes siglas que por unhos motivos u outros, tivo a formación comunista

Lembrar aos primeiros representantes baixo as siglas do P.C.G, logo polo P.T.G-UC, e finalmente baixo a denominación de Esquerda Unida, dos cales prefiro non dar nomes por medo a quedarme algún no tinteiro.


Todos eles, cunha base electoral pequena pero fiel, desenrolaron un gran traballo nas diferentes corporacións municipais, apoiando o votando en contra nos plenos segundo o que lle dictaba a súa conciencia ideolóxica.

Tiveron incluso o apoio de 1053 feneses nas eleccións de 1999, no que sacaron 2 concelleiros, soamente 161 votos menos que o PSOE que sacou tres concelleiros.



E ¿que pensaran agora todos esos fieis militantes e votantes da formación?

Dende logo, e profundamente penoso e lamentable a deriva ideolóxica e os bandazos que vai dando ultimamente o concelleiro electo desta formación.



Coido que a asamblea local de EU ten que tomar cartas no asunto, para non permitir que por culpa dunha persoa esta formación desapareza do mapa municipal fenés, por historia, por hixiene democratica, por necesidade e para dar saída as inquedanzas dos que realmente ainda creen nesta formación.



Asemade, tra-la decepción que están a levar moitos votantes socialistas por mor da palpable ineficacia do grupo municipal socialista, este señor, representante de EU, en vez de actuar con criterio para tentar atraer votos de esquerda cara á súa formación, non fai máis que espantalos, pero non só os do PSOE, senón moitos da propia EU, ao convertirse definitivamente nun "titere" de Puentes.



Todo isto, ven a conto de certas actuacións do sr. Sánchez, totalmente incomprensibles, como pode ser o voto a favor xunto có grupo de goberno da construcción do parque debaixo da autoestrada en Vilanova. Como a abstención, xunto ao grupo municipal socialista á Iniciativa Popular Lexislativa, Rumbo 21, para que Astano volte á construcción civil de barcos. E, para remata-la faena, votando en contra, xunto ao Sr. Puentes, de que se investiguen os indicios de presuntas irregularidades nas dúas plazas de peón.



¿Que pretendes, Manolo?

A min, só se me ocurren tres cousas:

Ou eres un infiltrado doutra formación que pretendes aniquilar a EU.

Ou eres totalmente inepto.

Ou pretendes que o Sr. Puentes te leve na próxima candidatura.



Si te queda un pouco de dignidade, DIMITE.

Só che falta entrar a gobernar en coalición có Psoe estes dous anos que quedan para remata-la faena.

jueves, 9 de julio de 2009

Remata o "culebrón" das prazas de peón.

Non sei si defini-lo remate dos exames como "sorpresa" ou como "xustiza".

Penso que as duas definicións son correctas:

"Sorpresa", posto que todos os indicios levaban a pensar que unha das prazas sería para o "crak" de aspirante que alcanzou a perfección no exame tipo test de 50 preguntas, respostas sin erro en breves minutos, e que nebargantes foi incapaz de repetir no exame de galego, no que tan só foi capaz de acertar a metade. Sendo superado por outro aspirante.

"Xustiza", posto que os aspirantes que ao final entraron, mantiveron unha gran regularidade en todos os exames, quedando, penso eu, demostrado que realmente foron os que máis estudaron e máis o merecían.

Unha vez rematadas as probas, é curioso a traxectoria do "favorito" nas tres probas.

(A información que de seguido vai, foi totalmente contrastada por fenefoxas, sendo correcta).

No primeiro exame, práctico, (manexo de fouciño) o "favorito" sacou un 7,07 sobre 10, con notas tan dispares entre membros do tribunal que oscilaton entre o 1 e o 9,5. Son cousas da vida, o que para algúns é un moi deficiente, para outros roza a perfección.
Do segundo exame, "A perfección en breves minutos", penso que xa está todo dito.
O terceiro, respostar 10 preguntas tipo test sobre o galego, no cal hai que reseñar que as respostas acertadas valen 0,50 cada unha e as en blanco ou incorrectas non restan, esta persoa pasou da perfección á mediocridade, xa que de 12 aspirantes, tan só 2 sacaron peor nota.
Neste exame, tamén cabia a posibilidade de cubrilo tipo "quinielístico", xa que ao non restar os erros, a porcentaxe de acertar algunhas, ainda que non tiveses nin idea, era estadísticamente alta

Neste exame foi imposible ningunha "trapallada", xa que se fixo e redactou no momento.

A regularidade dos aspirantes que entraron é manifesta, neste caso a do que superou ao "favorito", que foi de 6,05 - 9,1-5.

En todo caso, noraboa aos afortunados.


Noutro orde de cousas, saudar e agredece-lo saúdo do compañeiro de feneconcello, e ratifica-lo escrito no seu comentario de feneconcello no cal, tal e como afirma, temos en común que ambos entramos no mundo blogueiro grazas as actitudes censoras en ivanpuentes.com, como xa demostramos dende os primeiros comentarios Censura no blog de ivanpuentes

Grazas a todos, especialmente ao Sr. Alcalde de Fene, indudablemente o gran artifice de que estemos no mundo blogueiro.

miércoles, 1 de julio de 2009

ERA SABIDO!!

Evidentemente, era sabido, non colleu a ninguén por sorpresa.

Os presuntos indicios e sospeitas de que os exames para cubrir dúa plazas de peón estaban amañados, non van ser investigados.

É normal, si acusas a alguén de facer trampa, e lle preguntas, está claro que te vai decir que non a fixo, e si lle preguntas si quere que o investigues, te vai a decir que non.

Pois así son as cousas, segundo fontes ben informadas, o Alcalde de Fene e os seus esbirros, acompañados da "marioneta" do representante de EU, negaronse en redondo a que se investigase o asunto.

Esto é o que soe pasar cando alguén esconde algo, ou non ten as mans limpas e a conciencia tranquila.

Polo demáis, tan só engadir, que tamén é un pouco penoso que as notas do derradeiro exame que se fixo o pasado martes non se saiban ata a semana que ven, posiblemente ata mediados ou finais de semana.

Xa sei que a algúns do Tribunal lles da igual, pero ¿tanto tempo leva correxi-los exames de 12 persoas nun exame tipo test de 10 preguntas?
Ainda que só sexa por non ter aos aspirantes có corazón nun puño tanto tempo, non vaia ser que salte a sorpresa e ao final non saia o "Ilustrisimo".

Xa vai sendo moita hora de ter un pouco de respecto aos opositores.