sábado, 27 de junio de 2009

A sombra da sospeita.

Ante o aluvión de comentarios sobre as inacabables (son do ano 2005) e polemicas plazas de peón do noso concello, imos adicarlle un comentario, que ben o merecen.

Primeiramente, e segundo veridicas informacións, hai que sinalar que O EXAME TEN QUE SER REPETIDO, polo menos na proba teórica, no cal había que respostar 50 preguntas tipo test, xa que o enunciado da mesma valoraba cada resposta correcta con 0,25 puntos e cada incorrecta restaba 0,125 puntos, estando a valoración total entre 0 e 10 puntos.
Esto quere decir que si un opositor acertaba 41 preguntas e deixaba 9 en blanco, a súa puntuación debería de ser un 10,25, cousa non posible, xa que segundo o enunciado a máxima puntuación é un 10.
Do mesmo modo, os opositores que tiveron un 10 por ter un exame perfecto, deberían ter un 12,5.

O que non chego a comprender é a capacidade de complicación do "ilustrad@" que fixo o enunciado dese exame e que está nas bases das prazas, son gañas tremendas de complicarse a vida. Acaso é tan dificil poñer que, cunha valoración de 0 a 10 puntos, cada resposta correcta vale 0,20 puntos e cada incorrecta resta 0,10 puntos. Tan sinxelo como eso, e xa non teriamos problema nese senso.

Por outra banda, hai que sinalar que sobre a sospeita de que poido haber "chanchullos" para favorecer a un opositor que fixo un exame perfecto en pouco máis de 5 minutos, sinalar que cando máis da metade dos opositores presentan un escrito para denunciar uns indicios que os levan a pensar que poido haber trampa, a cousa é para, polo menos, facer unhas serias comprobacións sobre o tema.

Pois, é bastante clarividente que cando moitos opositores que non se coñecen entre si, non teñen relación, son de sitios distintos e, indudablemente, terán ideas politicas dispares, chegan a esa conclusión, a cousa é para meditala con paciencia. O unico nexo en común que teñen, é que, tras moitos esforzos, tratan de competir en igualdade para asegurarse un posto de traballo, que non é pouco.

Por esto último tamén, o tribunal ten a obriga moral, como minimo, de suspender o derradeiro exercicio e crear unha comisión de investigación allea ao tribunal (un pouco seria e non presidida polo Sr. Alcalde que xa preside o tribunal) e investigar o sucedido.

Si logo desta investigación se observa que todo foi legal, pois adiante, e noraboa aos aprobados, en caso contario, habera que repeti-las probas e esixi-las responsabilidades que correspondan.

Outro motivo máis para suspende-la proba, é que en caso contario, e que siga adiante , os aprobados (sobre todo si uns dos aprobados é sobre o cal caen as sospeitas) teran sempre sobre o seu lombo a sombra da sospeita, e o propio Concello de Fene quedará marcado como un concello corrupto neste tema.

Por unhas oposicións claras e limpas,

COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN, XA!

sábado, 20 de junio de 2009

Puede que nos quiten la vida, pero jamás nos quitarán la libertad.



Un rodaje de 1.110 monedas

Un policía local fenés intentó pagar su impuesto con calderilla de cinco céntimos para exigir abonos pendientes del Concello

Autor:
A. Vellón
Fecha de publicación:
20/6/2009

Pasaban unos minutos de las 11.30 horas cuando Francisco Tomás Corral, policía local de Fene, se acercaba a la consistorial con un cubo azul lleno de dinero. En su interior transportaba 1.110 monedas de cinco céntimos y una de dos céntimos. ¿Para qué? Para abonar con ellas los 55,52 euros de su impuesto de rodaje. «Son todas de curso legal, non vexo cal vai ser o problema para que más collan», afirmó.

Tras unos veinte minutos de cola, le llegó el turno en la primera planta del Concello. ¿Qué sucedió? Lo intentó, pero no lo consiguió. El motivo: «Íbanmas contar unha a unha e podíalles levar ata as dúas da tarde, aquí hai xente facendo cola e vaise colapsar todo isto. E eu non quero perxudicar ao resto de veciños, polo que finalmente paguei en billetes». Toda esa calderilla, dijo, fue reunida «na miña casa, dos cinco céntimos que van quedando dos cafés, que custan 95». Reconoció, no obstante, que «tamén me axudaron bastante» para recopilar todo ese botín.

Todo se desarrolló entre miradas curiosas de vecinos y funcionarios que subían y bajaban las escaleras de la consistorial o entraban en sus dependencias. Aunque algunos ya sabían cual era el telón de fondo de todo aquello: una protesta salarial.

Su guerra era con el Ayuntamiento y por eso decidió no colapsar las dependencias para hacer los ingresos del rodaje. Aseguró: «Os meus dereitos rematan cando perxudico os dos demáis». Y esa reclamación viene dada por el hecho de que, asegura, el gobierno local tiene contraída con él una deuda de unos 340 euros: 142,5 euros del Fondo Social del convenio del 2008, retribuciones por homologaciones de grupo desde el 1 de enero y la cantidad correspondiente a su sexto trienio de antigüedad de los meses de abril y mayo. Ya reclamó por escrito sin éxito. Aseguró: «Se non hai presupostos aínda e teño que agardar por iso, pois que se me explique». No descarta Corral pagar dentro de unos meses los casi cien euros de impuesto de basura «con moedas dun céntimo» si todo sigue igual.

El gobierno municipal explicaba, con respecto al pago de los trienios -que también afecta a otros trabajadores- que ni se niegan ni se dejan de abonar, sino que un procedimiento administrativo de carácter interno se varió y esos pagos se dilataron en el tiempo. Ayer mismo «xa quedaba redactado o informe de Intervención para poder facer o pago dos trienios dun xeito automático». Se resolverá, así, parte del problema de Tomás Corral.

lunes, 15 de junio de 2009

De Fene a Betanzos... ¡Unha eternidade!

Nestas datas primaverais, casi xa veraniegas, celebramos o primeiro aniversario do comezo das obras do asfaltado da N-651 entre Fene e Betanzos, concretamente o 9 de xuño de 2008.
Para celebralo, un partido politico da oposición, tivo que preguntar no Congreso dos Deputados si se sabe algo de rematar este choio, si queda así, ou si vamos que ser os propios veciños os que teñamos que poñernos mans á obra e rematala dunha p... vez!
Primeiramente, é lamentable ter que chegar ao extremo de preguntar no Congreso por esa obra, cando en circunstancias normais é unha obra totalmente sinxela que nun par de meses, como moito, ten que estar lista.
Pero moito máis lamentable é que a estas alturas da película, se resposte que se rematará "cando as condicións meteoroloxicas o permitan" e "ao longo deste ano", pero sin dar unha data concreta.
A importancia desta comarca para algúns está moi clara, unha obra de reasfaltado dunha estrada nacional, dependente de Fomento, de 30 km de distancia, sobrepasa con moito o ano e xa viveu dous ministr@s do ramo.
Os feneses levamos todo ese tempo aturando este incordio e "jodendo" os nosos coches cada vez que saimos pola Rúa da Fraga.
É bastante patético tamén, que os Sres. Alcaldes afectados por este tema non levanten a voz ou tomen medidas, e me refiro a todos, que si non me trabuco son varios e de distinta cor politica, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne e Betanzos, que á hora de recaudar o imposto de rodaxe andan ben finos.
Fai 2000 anos, os romanos tardaban bastante menos en empedra-las calzadas!
En fin, teremos que seguir apelando á santa paciencia.