miércoles, 28 de octubre de 2009

XA VOS VALE!

Si, xa vos vale, a algúns que escribichedes no comentario anterior.
Me parece que algúns dos que escribichedes no comentario anterior deberiades aprender algo de ética, ou polo menos a saber distinguir entre a liberdade de expresión e "o todo vale, caiga quen caiga".
Neste blog non se vai censurar ningún comentario, aqui tedes completa liberdade de expresión, digades o que digades, eso entra xa na moralidade de cada un, e por min podedes seguir metendovos en terreos fangosos, agora si, neste caso que nos ocupa, o único que estades a facer e tirar lixo por riba da Policía Local.
Agora podedes seguir si queredes... en caso contrario, vos propoño que opinedes sobre un novo cambio que hai no Concello e do que algúns, xa comenzachedes a opinar.
¿Qué vos parece o novo sentido único da rúa do Concello?.
Parece que non deixa indeferente a ninguén, xa que os negocios sitos nesa rúa están recollendo sinaturas para que volva a ser como antes.

martes, 13 de octubre de 2009

Noraboa e benvido de novo, Alcalde.

Noraboa Alcalde pola " Beca de Honra" que recibiches en recoñecemento ao traballo no ámbito das tres titulacións que se cursan na facultade da Universidad de Vigo. (Publicidade e as Relaccións Públicas neste caso, creo).
De todos os xeitos, creo que, sin desmerecer para nada este garlardón, poderías explicar aos teus conveciños os motivos ou méritos polos cales fuches galardonado.
E creo que os teus administrados, orgullosos de que o seu Alcalde sexa premiado, merecen saber os bos feitos que fixeches.
Noutra orde de cousas, e ainda que, precisamente nos non te suxerimos, pedimos... que retomaras a actividade blogueira logo do verán, estamos moi ledos de que, logo de tres longos meses, voltaras a escribir no teu blogue.
Agardamos tamén que os temas que comentes en ivanpuentes.com sexan de interese xeral para os veciños, como cando estabas na oposición.
Agardamos tamén que manteñas de xeito regular esa páxina, a pesares de que como afirmas é "cada día máis difícil de compaxinar coa intensa actividade do Concello".

sábado, 3 de octubre de 2009

Definitivamente, Rio de Janeiro 2016

Parece mentira, pero ao final Brasil terá as olimpiadas do 2016, e non só iso, senón tamén o mundial de futbol do 2014.
¿Sorte ou desgracia?
Agora a gasta-los cartos que non teñen en estadios de futbol, e demáis parafernalia olimpista, namentras as favelas, a fame e a miseria pululan pola cidade.
¿E os nosos gobernantes, qué?
A voltar a casa, logo de gastar uns cartos que nos tampouco temos, e que vamos a pagar coa subida do IVE e demáis.
Agardemos que esta unidade da clase dirixente deste país siga para sacarnos do atolladero dos 4 millóns de parados e da crise que ainda imos ter unha temporada máis.