sábado, 21 de noviembre de 2009

¡Aleluuuuuya!

La mañana del pasado jueves, 19 de noviembre, fue un día glorioso para Fene y sus vecinos.
Una bonita y soleada mañana otoñal acompañó al Alcalde y sus invitados a la inauguración por parte de los vecin@s de las nuevas oficinas de la policía local, y también, como no, a la inuguración, obviamente por parte de los vecin@os, del parque anexo al ayuntamiento y al río Cádavo.
A pesar de las nubes de polvo levantadas en los últimos tiempos, el parque fue inaugurado sin mayor problema, lo que nos lleva a pensar que la labor del gobierno municipal en este tema fue, por asi decirlo, casi que impecable. De todas formas, habrá que estar atentos por si, despues de este honorable acto, se deshace alguna cosa en las inmediaciones del río.
Parece ser que de momento los vecin@s que inauguraron este parque no van a poder de momento disfrutar del en horario nocturno, puesto que, por lo menos estos días no tiene iluminación.
Al mismo tiempo que acontecían estos fabulosos actos, se producía el asfaltado de las N-651 en la zona del antiguo ayuntamiento, con la cual se producían las correspondientes molestias y caravanas de coches, que lejos de molestar a los conductores, estos aparentaban una asombrosa cara de felicidad, motivada sin lugar a dudas, a que la espera de año y medio para ejecutar esta obra estaba dando sus frutos.
Ahora, también es casualidad, o quizas premeditado, que el Subdelegado del Gobierno viniera a Fene a estos actos, y observara como se obra y se asfalta en esta localidad.
Aunque de momento el asfaltado se reduce a unos metros, creo que ya podemos decirlo muy alto y muy claro ¡Aleluuuuuya!.

jueves, 12 de noviembre de 2009

A presunta "mala fe" de ADEGA .

Logo das explicacións do goberno municipal de Fene, na que acusan a ADEGA de actuar con "mala fe" no asunto do río Cádavo, queda agora claro que o Concello actuou ben, eso sí escomenzaron as obras sin permiso "convencional" pola urxencia das mesmas, e sempre baixo a estricta vixiancia de técnicos de Augas de Galicia e cun "certificado de viabilidade", ata a chegada da licencia o 26 de outubro.
Polo que, nin pago de multa de 240 €, nin devolver o río ao seu antigo estado, nin farrapos de gaitas, todo ben feito a conciencia.
É aqui entón onde chegamos á "presunta" conclusión de que ADEGA, segundo estes datos que aportan fontes do Concello, non é que obre de "mala fe", senón que minte como un bellaco, e fenefoxas, que se fiou destes datos, é complice dos feitos, e incluso o PP fenés tamén "presuntamente" falta á verdade, xa que dende a sua páxina en fenecidadán, o día 7 de outubro, di textualmente:
-La construcción del parque del Río Cádavo al lado del Ayuntamiento acumula el record de despropósitos: Una denuncia de Adega por no respetar los árboles del margen del río, un recurso del Colegio Oficial de Ingenieros de Canales, Caminos y Puertos por no estar suscrito el proyecto por ingeniero, el inicio de las obras sin el permiso de Aguas de Galicia, y la incoación de un procedimiento sancionador por parte de dicho organismo que ha finalizado con una multa al ayuntamiento que pagarán todos los vecinos, la renuncia del responsable de dirección de obra y el nombramiento del concejal de urbanismo para tal fin, hasta que ha llegado la paralización de la obra.
Agardemos que có paso do tempo sepamos quen minte.
Unha cousiña, quería saber o que é un permiso "convencional", xa que descoñezo o que significa, asi como descoñezo o que é un "certificado de viabilidade" ainda que esto último me sona a algo asi como un certificado dun técnico conforme as obras se poden realizar e son viables, de todos os xeitos si alguén sabe con exactitude o que significan que o comente.Gracias.
Non obstante, esto nos sirve para extraer varias conclusións, que sempre hai cousas que aprender.
Segundo este sistema, calquera veciño que queira facer algo con urxencia no que teña que solicitar permiso a Augas de Galicia, xa ten aqui o modelo a seguir para facer as cousas.
E xa como tema de competencia municipal, si algún veciño quere facer algunha obra con urxencia, supoñemos que tamén poderá facer igual, é decir, pode empezar sin o preceptivo permiso "convencional", pero eso si, baixo a estricta supervisión e vixiancia de técnicos municipais, e coa garantía legal dun "certificado de viabilidade" e asi cando lle chegue o permiso de obras, que soe tardar un pouquiño, o paisano xa terá a obra feita, e sin incumplir a lei, como fai o Concello de Fene.

sábado, 7 de noviembre de 2009

"Puentes" Gotera e Otilio. ¡Chapuzas no "río"!.

Logo dunha pomposa re-inauguración da Praza Verde, ou a maneira de enterrar 30 millóns de pts. en desfacer e refacer durante 6 meses unha praza có mérito de que pareza que non se fixo nada, convidando para elo ao Delegado do Goberno, toca agora falar dun novo parque, tamén baixo as inversións do archi-famoso Plan E, como o que se fai á beira do Concello e do río Cádavo. Gracias a inversión de máis de 47 millóns de ptas.(falamos de millóns de pts. como si foran de churros) o Concello fai outro parque marabilloso pero parece que non tivo en conta un detalle de pouca importancia, olvidouse de pedir permiso a Augas de Galicia. Non obstante, ¿hai algún problema?. Pois nada que non se poida amañar, a multa é de tan só 240€, que ben pode pagala o Sr. Alcalde, que eso non é nin o 10% do seu salario mensual, e logo hai que devolve-lo río ao seu estado orixinal, pero tampouco hai problema, xa que se poden invertir parte do millón e medio de € que corresponde a Fene do novo Plan E en amaña-lo desaguisado.
E é asi como se pasa á Historia, hai que ter unha capacidade extraordinaria para gastar cartos en desfacer e facer cousas gastando unha pila de cartos, para que ao final pareza que non se fixo nada, ¡ollo, que eso non o sabe facer calquera!.
A todo isto, o río ten que estar no seu estado orixinal antes do 27 de novembro, entón agora se plantexan unhas dubidas bastante importantes:

¿Inagurarase o parque antes do 27 de novembro para que veña unha personalidade importante antes da reposición, ou polo contrario inauguramos o 27 de novembro o río no seu estado orixinal, por suposto con algunha personalidade importante tamén?. Ainda que todos sabemos que antes da data do 27 o río non está no seu estado orixinal nin de coña.

Realmente ¿Con que cartos se van executar as obras para devolve-lo río ao seu antigo estado?. Como non, cos cartos de "Juan Pueblo", ainda que habería que esixir as correspondentes responsabilidades ao autor de semellante desastre e que correra cos gastos, como pasaría con calquera veciño.

Casi quedaría mellor inaugurar o río cando este no seu estado orixinal:

"Queda inaugurado o río Cávado sendo Alcalde de Fene D. Iván Puentes".

Outra interrogante que queda no aire ¿Hai permiso de Augas de Galicia para as obras do Parque de debaixo da autoestrada?. Lagarto, lagarto...

lunes, 2 de noviembre de 2009

E chega outro "Plan Marshall- E"

Como ben decía "Necora", nun comentario anterior, chega de novo a Fene un desembarco dunha pila de cartos para ser gastados ao libre albedrío dos nosos gobernantes.

Nesta ocasión, millón e medio de euros, ou o que é o mesmo 250 millóns de ptas, ¡para que logo digan que hai crise, deficit...! que obviamente pagaremos todos nós, coma sempre, coa suba dos impostos indirectos, I.V.E...

Pero falando do que nos ocupa, parece que hai que buscarlle axiña sitio a eses cartos, xa que as obras ou proxectos teñen que estar presentados antes de fin de ano, e agardemos que esta vez non nos colla o touro e se faga calquera cousa con tal de gasta-los cartos, como xa pasou con moitas obras do outro Plan E neste Concello.

De todos os xeitos, hai que recoñecer que algunhas obras foron boas, posto que da gusto ver o xeitosos que quedaron algúns camiños que foron aglomerados con eses cartos.

Agora falta agardar que os nosos politicos teñan sentidiño e destinen os cartos para cousas necesarias para o pobo, e non se lles ocorra, por poñer un exemplo, facer un parque debaixo da autoestrada en Barallobre ao lado dos "Hexagonos", que son moi capaces.

Agardemos esta vez que si o grupo de goberno é incapaz de buscar obras necesarias, haxa un consenso xeneralizado de todas as forzas politicas para facer o mellor, e si non é posible, que polo menos haxa un acordo para investir ben os cartos, que fai moita falla.