sábado, 7 de noviembre de 2009

"Puentes" Gotera e Otilio. ¡Chapuzas no "río"!.

Logo dunha pomposa re-inauguración da Praza Verde, ou a maneira de enterrar 30 millóns de pts. en desfacer e refacer durante 6 meses unha praza có mérito de que pareza que non se fixo nada, convidando para elo ao Delegado do Goberno, toca agora falar dun novo parque, tamén baixo as inversións do archi-famoso Plan E, como o que se fai á beira do Concello e do río Cádavo. Gracias a inversión de máis de 47 millóns de ptas.(falamos de millóns de pts. como si foran de churros) o Concello fai outro parque marabilloso pero parece que non tivo en conta un detalle de pouca importancia, olvidouse de pedir permiso a Augas de Galicia. Non obstante, ¿hai algún problema?. Pois nada que non se poida amañar, a multa é de tan só 240€, que ben pode pagala o Sr. Alcalde, que eso non é nin o 10% do seu salario mensual, e logo hai que devolve-lo río ao seu estado orixinal, pero tampouco hai problema, xa que se poden invertir parte do millón e medio de € que corresponde a Fene do novo Plan E en amaña-lo desaguisado.
E é asi como se pasa á Historia, hai que ter unha capacidade extraordinaria para gastar cartos en desfacer e facer cousas gastando unha pila de cartos, para que ao final pareza que non se fixo nada, ¡ollo, que eso non o sabe facer calquera!.
A todo isto, o río ten que estar no seu estado orixinal antes do 27 de novembro, entón agora se plantexan unhas dubidas bastante importantes:

¿Inagurarase o parque antes do 27 de novembro para que veña unha personalidade importante antes da reposición, ou polo contrario inauguramos o 27 de novembro o río no seu estado orixinal, por suposto con algunha personalidade importante tamén?. Ainda que todos sabemos que antes da data do 27 o río non está no seu estado orixinal nin de coña.

Realmente ¿Con que cartos se van executar as obras para devolve-lo río ao seu antigo estado?. Como non, cos cartos de "Juan Pueblo", ainda que habería que esixir as correspondentes responsabilidades ao autor de semellante desastre e que correra cos gastos, como pasaría con calquera veciño.

Casi quedaría mellor inaugurar o río cando este no seu estado orixinal:

"Queda inaugurado o río Cávado sendo Alcalde de Fene D. Iván Puentes".

Outra interrogante que queda no aire ¿Hai permiso de Augas de Galicia para as obras do Parque de debaixo da autoestrada?. Lagarto, lagarto...

15 comentarios:

R. COMESAÑA dijo...

A IVAN PUENTES CHÓVELLE SOBRE MOLLADO

A aquel mozo de palabra fácil que accedera á alcaldía de Fene, e que noutra hora gozara de alta xerarquía dentro da estrutura orgánica do partido dos socialistas de Galicia (PSdeG), a tempo presente, tenselle eclipsado a súa estrela, hoxe nin pica nin curta e politicamente é un cero á esquerda..

Os acontecementos discorren do seguinte modo, despois de estar instalado no oficialismo do aparello do partido, o primeiro edil fenés levado polas súas aspiracións de liderado e avaricia de poder , aproveitando o descontento creado polos resultados das autonómicas, promoveu a publicación do manifesto SUMANDO IDEAS PARA O SOCIALISMO GALEGO, cuxo contido era unha censura á clase dirixente e demandaba unha "fonda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido".

Mal o tedes feito franceses en Roncesvalles!

Puentes tomara o camiño equivocado, e a proba mais palpable é a derrota da súa corrente ante Salvador Fernández Moreda no primeiro congreso provincial dos socialistas celebrado este sábado na cidade herculina

A súa ambición, as súas ansias por medrar, a súa egolatría, o seu narcisismo e a seu maquiavelismo foron determinantes para instalarlle na soidade dos perdedores

Aquela promesa á que todo o mundo auguraba postos de relevancia noutras esferas da administración, resulta que na actualidade é dúbida como futuro candidato ás próximas municipais , pois o cadro de mando do PSOE fenés representado polo triunvirato "Lalán - Noceda- Puentes " está en caída libre.

En Fene o descontento dos afiliados do PSdeG é maioritario, e hai movementos internos disposto a derrocar á actual executiva local, a situación esta marcadamente tensa e pódese dar como seguro que o substituto a Puentes será o doutor Yañez afín a Moreda e a quen o actual alcalde tiña purgado para suplantar o seu lugar.

Quen a ferro mata a ferro morre!

A política é cruel e desapiadada e pasa factura, podemos dicir que Puentes foi presa das súas propias apetencias, pero da súa caída hai un gran beneficiario que non é outro que o Concello de Fene.

Papafilloas dijo...

O realmente lamentable é o que comentas de quen tería que costear ese parque. Mentras un particular se deixa o traballo de toda unha vida (a través da hipoteca) para tentar darlle algo mellor ós seus, tendo ademais que "acondicionar" o terreo que pagou relixiosamente e cederllo ó Concello como tributo obrigatorio, estos magnates do cemento gozan co beneplácito dos governantes quen ademais de non facer as obras que lles corresponden (¿como se entenden que obteñan as licenzas de primeira ocupación sen estas obrigas cumpridas?) ven como cos cartos de todos se lles cumpren os seus desexos (quedar eles cons millóns que costan esas obras) e aqui non pasa nada. ¡ LAMENTABLE! é o que se me ven á cabeza.
Aqui tiña que haber unha guerra civil, ainda que me fusilasen a min de primeiro (que dicía un ilustre fenés...).

Anónimo dijo...

MOCIÓN DE CENSURA XA¡¡¡

Este papagaitas vai aterrizar no chan e vai quedar coma a Pantera Rosa.

A todo porquiño lle chega o seu Sanmartiño.

Sigue así, bla, bla que vas de carallo.

Anónimo dijo...

É tan trepas o Sr. Alcalde que, non ía con Moreda, porque non lle daba ningún posto na executiva e o outro si.

PIN PAN PUN...FORA

RIALTO (Vila e Corte) dijo...

VERDADE ou MENTIRA / SENTIDO EXTRAMORAL

Eu son dado a participar en foros de opinión e entre eles como é palpable asomo de cando en vez pola xanela de Foxas, non entanto sempre me marco unha esixencia, tal é, dispor de información contrastada, é dicir, non lle dou crédito nin ás faladurías e moito menos á toxicidade das medias verdades, o meu acompañante é a veracidade do testemuño ou explicitamente o rigor.

No contido do artigo inserido por Porko Bravo, dise, -trascribo literalmente- “Comentabase hai ben tempo, que a actuación nese lugar tiña que ser custeada polo construtor dás vivendas que hai non lugar” iso, á parte dunha faladuría infundada é unha mentira interesada con sinal de libelo e con todos os visos dun acto punible.


Sen ter arte nin parte no asunto e por conseguinte interese algún na súa defensa, por mero exercicio de severidade, hei matizar que a área de plan especifico en cuestión desenvolveuse en atención a un convenio urbanístico formalizado entre a administración municipal e o titular, téndose atendidas as obrigacións establecidas no texto asinado, tanto a efectos urbanísticos coma de cesións e mesmamente as obrigacións económicas derivadas.

Por tanto como queda referido, calquera versión allea ao contido do devandito acordo son ganas de propiciar embustes co malsano interese de prexudicar a terceiros

En resumo, mellor sexa que o autor realice o contraste debido, e unha vez verificada a súa fiabilidade proceda en consecuencia vía obrigada emenda.

Anónimo dijo...

Esto é de vergoña! Non hai presupostos dende fai mais dun ano, o concello feito un desastre, multas, espilfarros...

IVÁN PUENTES DIMISIÓN

Porko Bravo dijo...

Queda dito:
A área de plan especifico en cuestión desenvolveuse en atención a un convenio urbanístico formalizado entre a administración municipal e o titular, téndose atendidas as obrigacións establecidas no texto asinado, tanto a efectos urbanísticos coma de cesións e mesmamente as obrigacións económicas derivadas.
Segundo a información aportada por RIALTO.
Pola miña parte, e sin intención de ofender a ninguén, nin faltar á verdade so engadir que:
“Comentabase hai ben tempo, que a actuación nese lugar tiña que ser custeada polo construtor dás vivendas que hai non lugar”
E iso quere decir, que hai ben tempo, oiase, escoitabase, comentabase,murmurabase, que non é o mesmo que afirmar "O constructor ten que..."
e si non recordo mal, houbo unha temporada unha pancarta na Plaza do Concello sobre ese tema.
Ademáis:
Comentabase, ven de comentario:
comentarios.m. 1. Conxunto de notas, observacións e impresións persoais que alguén fai sobre algo. Fixo un pequeno comentario da actual situación económica. 2. Conxunto de notas, explicacións e interpretacións dun texto escrito. Comentario dun poema, dun texto lingüístico.
Unha vez rematado este tamén, "comentario", e sin animo de entrar en polemicas de ningún tipo, engadir que queda constancia do aportado por RIALTO, que parece que ten máis coñecementos do tema en cuestión, que eu.
Grazas pola puntualización, RIALTO.

Porko Bravo dijo...

Para que non haxa falsas ou malas interpretacións e dar por zanxado o tema, queda suprimido o fragmento ao que aludía "RIALTO".

RIALTO (Vila e Corte) dijo...

REMATE O CONTO

Dou por rematado o meu parecer sobre o particular, non entanto, decir que
calquera pode xogar con sutiliza e xustificar un procedemento indebido con argumentacións semánticas ou alegacións das formas gramaticais

Exemplo:
Eu non digo mentiras senón verdades distorsionadas!

Cando iso acontece, esas medias verdades dinse para dar a entender aos demais o que un quere que entendan.

Xa que logo, camiñe cada un coa súa conciencia , o camiño ten dúas direccións a franqueza ou a hipocrisía; a opción do rumbo é decisión de cada quen.

Tomo lectura da súa ultima inserción e dou por resolto o asunto, pois non procede maior abundamiento.

RIALTO (Vila e Corte) dijo...

CLAVE MONOFÁSICA / DISCIPLINA E CONSECUENCIA

Agrádame a disciplina e por tanto opino que é lexitimo que o actual alcalde ratifíquese na súa denuncia contra o seu antecesor no cargo por supostamente certificar o final de obras inacabadas..

Faltaría máis.!


De ser certos eses excesos non admiten tolerancia!

Pero do mesmo xeito que son cautivo da disciplina, séntome seducido pola consecuencia

Entón Alcalde:

Como diría o defunto Mario Benedetti - FAGAMOS UN TRATO -

Cóllesche o expediente das Beirarrúas de Conces, demandas dos membros da oficina técnica informe debido sobre o cumprimento da legalidade urbanística da súa execución, e igualmente obtés informe da responsable xurídica sobre o particular, e cando obre todo no teu poder, remítesllo á Fiscalía

Que che parece Alcalde?

A min moi ben, pois como queda dito encántame a disciplina e séntome atraído pola consecuencia.

Roi - Alexandre dijo...

MARRAXON PUENTES PARK

Anuncia o Alcalde Puentes que dentro do novo Plan E, incluirase unha intervención lúdica en terreos que cedería a Comunidade de Montes de Marraxón (miradoiro sobre a ría, área recreativa, etc.)

Bo, definitivamente a sensatez non é o teu forte, ti tes a cabeza botada a monte.

Pero como se che ocorre semellante barrabasada ?

Que persegues ?

Ensinarlles aos visitantes desde ese miradoiro, os grandes barcos que se constrúen nas gradas de Astano?.

A túa cabeza está coma un paxe e perdes neuronas a esportas .!


Pero mira home, por fundadas razóns legais que non che vou a expor, esa actuación non prospera, téntao e ten seguro que a túa inhabilitación está garantida

Meu Deus, que mal fixemos os veciños de Fene para sufrir esta desgraza….!

Emporrada dijo...

Tamén se pode facer un macro-parque nos terreos ociosos de Astano, ou nas naves da gasolineira de Fene onde estaba IASA

Anónimo dijo...

Reconozco que fui votante del actual Alcalde, pero la verdad entono la mea culpa por mi grado de participación en llevarlo al cargo, no obstante lo que si puedo afirmar que visto lo visto
este señor no contará con mi apoyo en su vida.

Menudo fracaso

Anónimo dijo...

Según declaraciones del grupo de gobierno a la prensa, es incierta la multa de 240€,como el devolver el río a su estado original.

Acusan a Adega de dar sesgada la información sobre el río Cádavo
El gobierno de Fene acusa a Adega, cuanto menos, de haber actuado de mala fe a la hora de dar a conocer los resultados de un expediente abierto por Augas de Galicia contra la administración local por la obra del río Cádavo. Desde el consistorio, si bien se admite que la intervención arrancó sin el preceptivo permiso “convencional”, se pone especial acento a la hora de apuntar que se hizo siempre bajo la supervisión de los responsables y técnicos de Augas de Galicia. En este sentido se explica que, dada la premura que requería el inicio del proyecto al estar éste financiado con cargo al Fondo Estatal de Inversión Local, se buscó la garantía legal necesaria al amparo de un “certificado de viabilidad”, a la espera de la correspondiente autorización. Finalmente, la autorización de Augas de Galicia llegó el día 26 del pasado mes de octubre y con ella el archivo, por parte de la administración autonómica, del expediente sancionador contra el Concello de Fene, según se subraya desde el gobierno local. Por lo tanto, tal y como explicaron algunos de sus dirigentes, ni el Ayuntamiento tendrá que pagar los 240 euros de la multa ni tendrá que volver a su estado original unos espacios en los que se ha intervenido bajo la estricta vigilancia de Augas. Así, y tal y como consta en el expediente de la Consellería de Medio Ambiente, el Concello de Fene se ajustó a las directrices medioambientales impuestas, tales como el hecho de mantener una distancia de ocho metros entre el lecho del río y la zona afectada por las obras, de evitar cualquier posible vegetación relacionada con la cauce y mantener una zona de servidumbre para garantizar que las crecidas del río no tengan consecuencias que haya que lamentar.


Quien miente?

Es preciso saber la verdad para situar a cada quien en el sitio que le corresponde, pues es tan grave contar mentiras como levantar falsos testimonios.

ESCORNABOIS dijo...

O outro día, tras ler a noticia, acerqueime polo Concello para poder contrastar por min mesmo o que poñía no xornal. Descoñezo se o Concello tiña permiso de obras, se dispoñía dun "permiso de viabilidade" á espera do permiso definitivo ou se non contaba con permiso de Augas de Galicia. O que si puiden ver na miña visita é que o Concello non respetou as "directrices medioambientales impostas". Ao carón do río discorre un paseo que en varios tramos non respeta a distancia de oito metros ao cauce do río. Ademáis,nun punto determinado este paseo levántase sobre unha plataforma de cemento, esta plataforma invade a zona de servidumbre do río creando un muro que impide a crecida do río.