lunes, 2 de noviembre de 2009

E chega outro "Plan Marshall- E"

Como ben decía "Necora", nun comentario anterior, chega de novo a Fene un desembarco dunha pila de cartos para ser gastados ao libre albedrío dos nosos gobernantes.

Nesta ocasión, millón e medio de euros, ou o que é o mesmo 250 millóns de ptas, ¡para que logo digan que hai crise, deficit...! que obviamente pagaremos todos nós, coma sempre, coa suba dos impostos indirectos, I.V.E...

Pero falando do que nos ocupa, parece que hai que buscarlle axiña sitio a eses cartos, xa que as obras ou proxectos teñen que estar presentados antes de fin de ano, e agardemos que esta vez non nos colla o touro e se faga calquera cousa con tal de gasta-los cartos, como xa pasou con moitas obras do outro Plan E neste Concello.

De todos os xeitos, hai que recoñecer que algunhas obras foron boas, posto que da gusto ver o xeitosos que quedaron algúns camiños que foron aglomerados con eses cartos.

Agora falta agardar que os nosos politicos teñan sentidiño e destinen os cartos para cousas necesarias para o pobo, e non se lles ocorra, por poñer un exemplo, facer un parque debaixo da autoestrada en Barallobre ao lado dos "Hexagonos", que son moi capaces.

Agardemos esta vez que si o grupo de goberno é incapaz de buscar obras necesarias, haxa un consenso xeneralizado de todas as forzas politicas para facer o mellor, e si non é posible, que polo menos haxa un acordo para investir ben os cartos, que fai moita falla.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Que fagan o que lles pete, como están a facer de cotío, obras en total desaxuste a legaliade, licencias de obra que contradín o planeamento urbanístico e con informe xurídico negativo.
O dia menos pensado salta a lebre

Anónimo dijo...

El rigor debiera acompañar la función publica, pero aquí tenemos por norma andar a salto de mata, y eso implica que las administraciones publicas sorteen procedimientos reglados con métodos improvisados que poco o nada tiene que ver con la ley de procedimiento administrativo.

Alguien debería explicar con razones de peso porque mientras la adjudicación de ejecución de las obras deben cumplir los requisitos establecidos en la ley de contratos del estado, (subasta, procedimiento negociado, etc.); la redacción de los proyectos de las mismas se realiza vía encargo directo, la realidad tiene un nombre - esto es inaudito

Pero los “ediletrados” parece que mantiene una singular interpretación de la disciplina legal, ellos sabrán……igual las cosas deben ser de ese modo, pues quizá el hábito ha creado norma………..claro que existe un problema llamado recurso.

Asqueado dijo...

A esos procedimientos se les denomina "por inviitación".

El nombre lo dice todo.

Rodolfo dijo...

La adjudicación del servicio de asistencia técnica según establece, la legislación vigente, podrán realizarse directamente si su cuantía es inferior a 18.000 euros sin IVA, y obviamente me refiero a la cuantía de la minuta y ello incluye la redacción del proyecto de ejecución, dirección de obra y coordinación de seguridad y salud.

Pero lo aconsejable es que se proceda sobre una premisa de uniformidad y transparencia, posibilitando la concurrencia plural de los profesionales interesados salvo que los munícipes tengan interés favorecer expresamente a alguien en particular

Lo procedente previo a nada, es que el pleno del ayuntamiento, cumpliendo los requisitos del preceptivo informe técnico- jurídico apruebe el pliego de prescripciones técnicas y de cláusulas administrativas, que han de regir la contratación de asistencia técnica y, el cual debería exponerse al público por un plazo de 15 días, contados a partir del siguiente al de la inserción de su anuncio en el B. O. P. para que puedan presentarse reclamaciones. y por agilidad simultáneamente debería anunciarse en concurso, si bien la licitación se aplazaría cuando resulte necesario, o en el supuesto de que se formulasen reclamaciones contra los pliegos de condiciones.

Esa es la fórmula para promover un procedimiento diáfano, pero posiblemente para los corporativos, esto es demasiado complicado y mejor siguen inclinándose por el “método de invitación", es mas turbio pero da mas juego para unos, pero consideren que los otros no están dispuestos a tolerar favoritismos.


En fin pónganse manos a la obra no nos vengan luego con justificaciones amparadas en limitaciones de temporalidad la administración pública no es un coto privado todos deben ser tratados en pie de igualdad

Anónimo dijo...

Anda Rodolfo , non te pases, eso que ti plantexas e un follón e de seu pouco efectivo.

Non te lembras da cantada dun candidato que concorría a uns examens e que amén do prego que rexia o concurso foi capaz en so cinco minutos atinar resposta a todalas ptreguntas?

Quen quere caciquear por mais reglas e procedementos que se impoñan, hase salir coa súa.

PROTER dijo...

Con los chuzos que están cayendo sobre la familia política, ahora más que nunca se debe imponer el acatamiento exhaustivo a la ley, pues en la lista que mensualmente elabora el Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), es la clase política en general y los partidos en particular quien ante los ojos de la sociedad emergen como el cuarto problema nacional.

Los actuales ejemplos de corrupción política han terminado por aborrecer a los ciudadanos, ya de manera no preocupante, sino alarmante y ello denota que la clase política está noqueada, pero tal extremo mas que un problema es ya una hecatombe, pues indirectamente lo que se pone en evidencia son las reglas de juego y la estabilidad del sistema.

La desconfianza y desencanto social hacia la clase política viene propiciada por los iterativos casos de escándalo y fraude, sumados a los excesos y malas formas en el gestión de la cosa pública……El colectivo político padece una infección que amenaza con contagiar las raíces del sistema democrático y debe ser la medicina popular quien erradique esta cepa impura.

Los excesos, prepotencias, y chulerías de indecente metidos a políticos se ha acabado, es tiempo de expurga.

Y por supuesto considérese este alegato a la hora de ADJUDICACIÓN DEL SERVICIO DE ASISTENCIA TÉCNICA, no sea que el imperativo de la irregularidad les conduzca a situaciones desagradables.


Conste que no se trata de una petición, más bien una recomendación.

Mateo dijo...

PROTER :TIENES MAS RAZÓN QUE UN SANTO, ES PRECISO CORTAR DE UNA VEZ POR TODAS LAS TENDENCIAS DE FAVORITISMO E IMPONER LA REGULARIDAD COMO NORMA DE FUNCIONAMIENTO

Crítico dijo...

AS COUSAS POLO SEU NOME

Salvo contadas excepcións, a clase política no seu foro interno adxudica súa pertenza a un rango de nivel superior ao común dos cidadans; e decir, exercen de indecentes con pasmosa naturalidade, pois:

• Indecente, é que o salario mínimo dun traballador sexa de 624 €/mes e o dun deputado 3.996 podendo chegar con dietas e outras prebendas a 6.500 €/mes;

• Indecente, é que un catedrático de universidade ou un cirurxián da sanidade pública gañen menos que o concelleiro de festexos dun concello de terceira;

• Indecente é que os políticos se suban as súas retribucións na porcentaxe que lles apeteza, (sempre por unanimidade, por suposto e ao comezo da lexislatura);

• Indecente é comparar a xubilación dun deputado e o dunha viúva;

• Indecente, é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e aos deputados bástelles con sete e os membros do goberno para cobrar a pensión máxima só necesiten xurar o cargo;

• Indecente é que os deputados sexan os únicos traballadores (?) deste país que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do IRPF;

• Indecente é colocar na administración miles de asesores, amigotes con soldos que xa desexarían os técnicos máis cualificados;

• Indecente é o millonario gasto en mediocres TV autonómicas creadas ao servizo da pervivencia no trono de políticos máis mediocres;

• Indecente é o inxente diñeiro destinado a soster os partidos aprobado polos mesmos políticos que viven deles;

• Indecente é que a un político non se lle esixa superar unha mínima proba de capacidade para exercer o seu cargo (e non digamos intelectual ou cultural);

• Indecente é o custo que representan aos cidadáns as súas comidas, coches oficiais, choferes, viaxes sempre en gran clase e tarxetas de crédito por todas as partes;

• Indecente é que as súas señorías teñan seis meses de vacacións ao ano;

• Indecente é que as súas señorías cando cesan no cargo teñan un colchón do 80% do soldo durante 18 meses;

• Indecente é que ex ministros, ex secretarios de estado e altos cargos da política cando cesan son os únicos cidadáns deste país que poden legalmente percibir dous salarios do erario público;

• Indecente é que se utilice aos medios de comunicación para transmitir á sociedade que os funcionarios só representan un custo para o peto dos cidadáns;

• Indecente é que nos oculten os seus privilexios mentres volven á sociedade contra quen de verdade lles serven;.



E mentres tanto teñen a desfachatez de falar de política social e dereitos sociais …..
QUE INDECENTE NON?.................... TI QUE PENSAS?

FENDETESTAS dijo...

Indecente é ver como avanzan as obras debaixo da ponte da autopista. Da noxo.

Rialto (dende a vila e corte) dijo...

DE MADRID AO INFERNO


A conduta da clase política do país é máis alarmante que a grave situación de receso que padece a maltreita economía, semella coma se unha epidemia de estupidez nutrise as súas neuronas limitando a súa capacidade de sensatez e raciocinio.

Pero sen dúbida, con marcada diferencia o exemplar máis enaxenado deste amplo gremio de descocados é a “timonela do Manzanares”, é dicir a recalcitrante presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Fuencisla Aguirre e Gil de Biedma - condesa de Murillo, esta señora ten arraigado outra rutina enfermiza cuxos efectos se exteriorizan en forma de alborotos e turbulencias intencionadamente sublevadas; con este espécime, si Deus estivese mais próximo, teñan seguro que lle perigaría o reino dos ceos.


As súas intrigas, revoltas e amotinamentos máis que vomitivo producen nauseas, esta señora esta sobrada de ambicións e exenta de código, e a súa vulgar operativa oriéntame a concluír que os habitantes da comunidade que representa padecen cegueira colectiva, non así os de provincias que vemola vir de lonxe.


A condesa de Murillo contrariamente ao que ela proclama, non é unha “lideresa”, tan só unha demente axitadora que non só está a devaluar á organización política de pretenza ( PP), senón que ven de trastornar a paciencia do electorado coas súas continuas disputas.


O seu non son os tacóns nin o rastro baixo, a súa elegancia ten outra pasarela axeitada - chámase sumidoiro, e nela desfilan as ratas.

Roi - Alexandre dijo...

FEIRA NA PRAZA VERDE

Onte en Fene obrou o milagre, nun día de choiva intensa o delegado do goberno señor Louro, incrementou o índice pluviométrico da xornada achegando un excepcional chaparrón en forma de investimentos.

Menos mal que os asistentes ao evento da reinaugurada praza verde ían equipados contra as inclemencias, de non ser así ían calar até os ósos

Unha vez máis, o Sr. Puentes repite o seu sistema de despiste tentando tapar as súas carencias como alcalde, coa súa singular representación do milagre dos pans e os peixes.

Vexamos,…..! vostede como máximo mandatario municipal é un completo desastre, como político unha ruína; o que realmente salva o seu futuro é a súa eficiente capacidade como charlatán de feira.

Pero como se lle ocorre montar semellante parafernalia?

É dicir, ten o concello sen xeito nin maneira, e no canto de poñerse ao labor e reconducir o desastre, dedícase a montar numeritos circenses.

Por Deus tente ser serio, os veciños/as da localidade podemos tolerar con resignación a desgraza de terlle como alcalde, pero esa tolerancia non lle outorga licenza para cuestionar a intelixencia dos cidadáns.


Lembre:

• Ten atascado as obras do POS da deputación desde o 2007

• O pago de certificacións de obras do Plan España dorme nos expedientes

• A revisión e adecuación da PXOM por máis adxudicación que logre na recta final do seu mandato, segue sendo unha materia pendente e a razón pola que o otorgamento das licenzas veña acompañado dunha advertencia de ilegalidade.


• .e unha infinidade de etc., etc.


E ten o atrevemento a estas alturas de vir vender a mil veces anunciada base de salvamento, como a eterna promesa dos pasos a nivel e as intervencións de ordenación do litoral……… miña xoia /.que pena!

Pois nada Alcalde, mais vale tarde que nunca, e adrede, utilice esa eficiente capacidade de xestión ….. bótelle ovos e anúncienos o retorno de Astano ao mercado convencional.


Realmente é Vostede patético……!

Cabreado dijo...

Pero imos ver;
Lembrades cando nos primeiros meses de lexislatura dicía que reduCira a débeda dpo concello nun millón e medio de euros. MENTIRA

Ahora está caladió e non dí nada coño.

Aprobu no Pleno que os orzamentos tiñan que estar en xanerio porque son unha ferramenta fundamental dun administracción. FOI INCAPAZ DE FACELOS E ISTO TENDO UN CONCELLEIRO SUPER-DOTADO QUE LEVA URBANISMO E FACENDA. NON TEÑEN NIN IDEA.

Co primeiro plan E, se lle ocurre ao tia gastar 500000 € debaixo da Ponte da Autopista, cando hay camiños que son de carro. CON ESES CARTOS ASFALTABA MEDIO FENE.

VOU CALANDO PORQUE ME ESTOU QUENTANDO E NON QUERO FALTARLLE O RESPETO A NINGUÉN.

ÁNIMO PUENTES, ESTALO A FACER MOI BEN, AHHH... a túa aposta para a executiva do PSOE na Coruña, é a cabalo perdedor, vas durar menos en política que unha chuche na porta dun colexio.

NON SE PODE APUÑALAR A TANTA XENTE POR INTERESES PERSOAIS