miércoles, 30 de septiembre de 2009

MADRID 2016. ¿SI OU NON?

Temos á población en estado de nerviosismo, pendentes de que nun par de días se decida a sede das olimpiadas do 2016.
O domingo, ducias de miles de persoas se manifestaron en Madrid para amosa-lo seu apoio á candidatura da capital.
É curioso ollar como nestes tempos de crise, cos millóns de parados que hai, e coa subida de impostos xeneralizada que se vai aprobar, a xente saia a calle para manifestarse "POR UNHAS OLIMPIADAS"!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
Cabe preguntarse unha cousa, ¿É bo que organice Madrid as olimpiadas do 2016?
A resposta, pois... depende.
Depende, dende o punto de vista dos madrileños, é "cojonudo", xa que unha pila importante de diñeiro irá para esa zona para infraestructuras e a demáis parafernalia que conleva unha olimpiada, aparte dos beneficios que supón a nivel de hostelería e similar na capital.
E depende, dende o punto de vista dos que vivimos no noroeste peninsular, que imos ollar como cartos que serían necesarios para necesidades e infraestructuras básicas van ser destinados ao centro da península, e ademáis turistas que poderían caer neste lugar van ir a Madrid.
Todo isto, lembrando que estamos nunha crise da que ainda non se vislumbra saida, que axiña van rematar os fondos europeos, e que temos un atraso importante con respeito a outras zonas do Estado Español.
É por isto, polo que dende aqui queremos decir que non queremos a Madris 2016, queremos Vigo 2020, ou Coruña 2020, ou Compostela 2020... en definitiva Galicia 2020.
Porque xa vai sendo hora que se destinen fondos para esta esquina, por xa nos tocou de pagar a Expo de Sevilla e Barcelona 92, a Expo de Zaragoza 2008, porque xa pagamos os buratos económicos que deixaron estes eventos.
Hai que lembrar que Mexico, inmerso tamén na crise, acaba de renunciar ao Mundial do 2018, para non gasta-los cartos que non ten en infraestructuras deportivas habendo outras necesidades máis prioritarias.
Por todo isto, as olimpiadas do 2016 que as organice Tokio, ou Rio de Xaneiro, ou Chicago.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

quero preguntarlle a porco bravo que é de zapata que "si non me erro" dende o 20 de marzo non publica ningún artigo. ¿e que che traspasou a páxia a tí?

Porko Bravo dijo...

Encantado resposto á tua curiosidade "anónimo":
Este non é un blogue extrictamente persoal, senón que funciona como unha cooperativa.
Con isto quero decir que somos un grupo de amigos que, en troques de facer cada quen un blogue, decidimos facer un para todos.
Como queira que a maioría non teñen internet me pasan a min os escritos a man para que os publique eu.
Non vaias a pensar que temos as mesmas ideas, nin moito menos, algúns me pasan os escritos en castelán, pero eu me tomo a liberdade de traducilos sen maior problema.
Incluso en algúns temas temos opinións totalmente diferentes, pero aqui está a pluralidade, que é un riqueza.
No tema no que estamos máis dacordo, por desgraza, é o do que creemos como mal funcionamento do Concello de Fene, nese tema si que somos bastante críticos.
Polo demáis, decirche que, precisamente un dos socios cooperativistas esta a piques de entrar no mundo da internet, e xa ten o acceso, esperemos que pronto debute, chamase "qaquito".
Con respeito a Zapata, por temas laborais,(por estos lares non abunda o choio e menos nestes tempos) leva dende abril na emigración, polas terras do sur, e traballando a destajo.Ainda que me consta que, cando o choio lle deixa, sigue seguindo o blogue, o que pasa que xa non ten moita información do que sucede en terras fenesas, por eso non escribe dende aquela.
Espero que con esto respondera á túa pregunta.
Saúdos, e recordos de Zapata.

Anónimo dijo...

El FMI anuncia el fin de la recesión mundial pero España no saldrá en 2010


EUROPA PRESS > ESTAMBUL/MADRID


El Fondo Monetario Internacional anuncia que la recesión mundial ha terminado, por ello eleva sus previsiones de crecimiento ante el fuerte tirón de Asia y las señales positivas en el resto del planeta. Aunque la recuperación será lenta, según sus nuevos cálculos, el mundo se contraerá en 2009 tres décimas menos que lo previsto en julio, hasta un 1,1%, pero ese resultado se debe al pésimo comienzo de año. Para el año que viene vaticina un crecimiento del 3,1%, seis décimas más que su anterior cálculo. España será la única gran economía que seguirá en recesión en 2010, aun así el organismo mejora levemente su pronóstico de crecimiento.

Y mientras tanto nuestros dirigentes en Copenhague de vacaciones, a gastos pagos, por supuesto.
Somos la última ecónómia, pero , ojo, que podemos tener olimpiadas

Porko Bravo dijo...

Parece ser que onte o pleno do Concello de Fene foi bastante longo e "movidito".
Si alguén foi, ou ten información do mesmo, pregamos nos informe insertando un comentario ou enviando a información a undefene@gmail.com

Anónimo dijo...

MADRID 2016 VAI SER QUE NON

O ZAPATITOS NON DEU BOA SORTE, MAIS QUE NADA PARECE CENIZO O TIO

Anónimo dijo...

Las contestaciones de Puentes las tengo yo, te las paso;

Bla, bla, bla, bla, bla, bla y mas bla, y el resultado de sus palabras es = a 0