lunes, 21 de diciembre de 2009

Poesía de las aceras de Barallobre.

El retraso y la ineficacia a la hora de hacer ciertas obras, provoca que algunas personas sientan la llamada de las musas en forma de versos literarios.
Este es el caso que nos ocupa, publicado hoy en El Diario de Ferrol, en donde C.G.Permuy, expone en verso (bastante bien por cierto) lo que muchos opinamos sobre las obras de nunca acabar de las aceras de Barallobre.

La obra se titula "EN FENE".

Permítame, señor director, a publicación deste texto non prosaico e quizais pouco ortodoxo coa forma e o contido que debe gobernar unha columna periodística.
Ten que ver co retraso -vai para dous anos- da obra de mellora e ampliación da carretera DP 3503 ao seu paso pola zona de Barallobre-Fene.

Este vial que atravesa
a parroquia polo medio
empezouse a ampliar
con bei-rarrúas, e pavemento

Os bacúlos-luz foron postos
para obstáculo dos peóns
que sortean a chapuza
con bastante mal humor

O modelo beirarrúa
de tipo experimental
coñécese como “ecolóxico”
“barateiro” e “orixinal”

Agroman entre o enlousado
cardos, felgos e prixel
algúns toxos, tamén silvas
a herba de S. Andrés?

O firme da ampliación
leva parado ano e medio
as pedras estran a vía
sin alquitrán nin cemento

Concello e Deputación:
os dous do mesmo partido
de-senténdense da obra:
está a crearse un bo lío

Os que moran no instituto(s)
fartos, pasan a moverse
ó igual que os da Parroquia
Liga de Amigos a e xente

Non se pode tolerar
que tal abuso persista
“remate do vial, xa”
Barallobre reivindica.

Que imaxe proxectades
señores Puente e Moreda
¡e o partido está corforme¡
¡mal raio parta a esta esquerda!!

1 comentario:

Nos tomas de coña dijo...

Chámanlles "a sagrada familia"