lunes, 2 de noviembre de 2009

E chega outro "Plan Marshall- E"

Como ben decía "Necora", nun comentario anterior, chega de novo a Fene un desembarco dunha pila de cartos para ser gastados ao libre albedrío dos nosos gobernantes.

Nesta ocasión, millón e medio de euros, ou o que é o mesmo 250 millóns de ptas, ¡para que logo digan que hai crise, deficit...! que obviamente pagaremos todos nós, coma sempre, coa suba dos impostos indirectos, I.V.E...

Pero falando do que nos ocupa, parece que hai que buscarlle axiña sitio a eses cartos, xa que as obras ou proxectos teñen que estar presentados antes de fin de ano, e agardemos que esta vez non nos colla o touro e se faga calquera cousa con tal de gasta-los cartos, como xa pasou con moitas obras do outro Plan E neste Concello.

De todos os xeitos, hai que recoñecer que algunhas obras foron boas, posto que da gusto ver o xeitosos que quedaron algúns camiños que foron aglomerados con eses cartos.

Agora falta agardar que os nosos politicos teñan sentidiño e destinen os cartos para cousas necesarias para o pobo, e non se lles ocorra, por poñer un exemplo, facer un parque debaixo da autoestrada en Barallobre ao lado dos "Hexagonos", que son moi capaces.

Agardemos esta vez que si o grupo de goberno é incapaz de buscar obras necesarias, haxa un consenso xeneralizado de todas as forzas politicas para facer o mellor, e si non é posible, que polo menos haxa un acordo para investir ben os cartos, que fai moita falla.

miércoles, 28 de octubre de 2009

XA VOS VALE!

Si, xa vos vale, a algúns que escribichedes no comentario anterior.
Me parece que algúns dos que escribichedes no comentario anterior deberiades aprender algo de ética, ou polo menos a saber distinguir entre a liberdade de expresión e "o todo vale, caiga quen caiga".
Neste blog non se vai censurar ningún comentario, aqui tedes completa liberdade de expresión, digades o que digades, eso entra xa na moralidade de cada un, e por min podedes seguir metendovos en terreos fangosos, agora si, neste caso que nos ocupa, o único que estades a facer e tirar lixo por riba da Policía Local.
Agora podedes seguir si queredes... en caso contrario, vos propoño que opinedes sobre un novo cambio que hai no Concello e do que algúns, xa comenzachedes a opinar.
¿Qué vos parece o novo sentido único da rúa do Concello?.
Parece que non deixa indeferente a ninguén, xa que os negocios sitos nesa rúa están recollendo sinaturas para que volva a ser como antes.

martes, 13 de octubre de 2009

Noraboa e benvido de novo, Alcalde.

Noraboa Alcalde pola " Beca de Honra" que recibiches en recoñecemento ao traballo no ámbito das tres titulacións que se cursan na facultade da Universidad de Vigo. (Publicidade e as Relaccións Públicas neste caso, creo).
De todos os xeitos, creo que, sin desmerecer para nada este garlardón, poderías explicar aos teus conveciños os motivos ou méritos polos cales fuches galardonado.
E creo que os teus administrados, orgullosos de que o seu Alcalde sexa premiado, merecen saber os bos feitos que fixeches.
Noutra orde de cousas, e ainda que, precisamente nos non te suxerimos, pedimos... que retomaras a actividade blogueira logo do verán, estamos moi ledos de que, logo de tres longos meses, voltaras a escribir no teu blogue.
Agardamos tamén que os temas que comentes en ivanpuentes.com sexan de interese xeral para os veciños, como cando estabas na oposición.
Agardamos tamén que manteñas de xeito regular esa páxina, a pesares de que como afirmas é "cada día máis difícil de compaxinar coa intensa actividade do Concello".

sábado, 3 de octubre de 2009

Definitivamente, Rio de Janeiro 2016

Parece mentira, pero ao final Brasil terá as olimpiadas do 2016, e non só iso, senón tamén o mundial de futbol do 2014.
¿Sorte ou desgracia?
Agora a gasta-los cartos que non teñen en estadios de futbol, e demáis parafernalia olimpista, namentras as favelas, a fame e a miseria pululan pola cidade.
¿E os nosos gobernantes, qué?
A voltar a casa, logo de gastar uns cartos que nos tampouco temos, e que vamos a pagar coa subida do IVE e demáis.
Agardemos que esta unidade da clase dirixente deste país siga para sacarnos do atolladero dos 4 millóns de parados e da crise que ainda imos ter unha temporada máis.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

MADRID 2016. ¿SI OU NON?

Temos á población en estado de nerviosismo, pendentes de que nun par de días se decida a sede das olimpiadas do 2016.
O domingo, ducias de miles de persoas se manifestaron en Madrid para amosa-lo seu apoio á candidatura da capital.
É curioso ollar como nestes tempos de crise, cos millóns de parados que hai, e coa subida de impostos xeneralizada que se vai aprobar, a xente saia a calle para manifestarse "POR UNHAS OLIMPIADAS"!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
Cabe preguntarse unha cousa, ¿É bo que organice Madrid as olimpiadas do 2016?
A resposta, pois... depende.
Depende, dende o punto de vista dos madrileños, é "cojonudo", xa que unha pila importante de diñeiro irá para esa zona para infraestructuras e a demáis parafernalia que conleva unha olimpiada, aparte dos beneficios que supón a nivel de hostelería e similar na capital.
E depende, dende o punto de vista dos que vivimos no noroeste peninsular, que imos ollar como cartos que serían necesarios para necesidades e infraestructuras básicas van ser destinados ao centro da península, e ademáis turistas que poderían caer neste lugar van ir a Madrid.
Todo isto, lembrando que estamos nunha crise da que ainda non se vislumbra saida, que axiña van rematar os fondos europeos, e que temos un atraso importante con respeito a outras zonas do Estado Español.
É por isto, polo que dende aqui queremos decir que non queremos a Madris 2016, queremos Vigo 2020, ou Coruña 2020, ou Compostela 2020... en definitiva Galicia 2020.
Porque xa vai sendo hora que se destinen fondos para esta esquina, por xa nos tocou de pagar a Expo de Sevilla e Barcelona 92, a Expo de Zaragoza 2008, porque xa pagamos os buratos económicos que deixaron estes eventos.
Hai que lembrar que Mexico, inmerso tamén na crise, acaba de renunciar ao Mundial do 2018, para non gasta-los cartos que non ten en infraestructuras deportivas habendo outras necesidades máis prioritarias.
Por todo isto, as olimpiadas do 2016 que as organice Tokio, ou Rio de Xaneiro, ou Chicago.

viernes, 25 de septiembre de 2009

Entrevista "exclusiva" á "conciencia" do Sr. Puentes.

Logo dunha longa e traballada investigación, reporteiros de "fenefoxas" conseguiron facer unha entrevista á "conciencia" do Alcalde de Fene.
O traballo non foi sinxelo, xa que houbo que rebuscar con moita paciencia e insistencia na profundidade dos seus miolos, e ao final, escondida e arrinconada nun cuarto sin luz e sin agua, ali estaba, humillada, famenta e deshidratada.

Bon día, sra Conciencia, ¿Cómo se atopa?
-Muy mal, totalmente humillada y olvidada, sin ningún poder de decisión.
¿Cómo é que chegou a esta situación tan lamentable?
-Pues... por motivos laborales no fué, al contrario, tenia trabajo acumulado y con horas extras interminables, ya que, aunque el trabajo viene de antes, la actuación de mi jefe desde que consiguió la Alcaldía, estaba totalmente falto de ningún tipo de conciencia.Yo creo que soy un estorbo total para conseguir sus objectivos.
Pero, ¿Non é necesario que unha persoa teña un minimo de conciencia?
-Es totalmente necesario, ya que es imprescindible en la toma de decisiones, pero al final los errores se pagan y la caída va a ser de impresión como no se me empieze ya a tomar en cuenta.
¿Cómo definiría ao Sr. Puentes na actualidade?
-Es una persona totalmente carente de escrupulos con tal de conseguir sus objectivos.
¿É de fiar?.¿Ten moitos amigos?
-En absoluto es de fiar. La verdad es que no tiene muchos amigos, le gusta presumir de que tiene la amistad de personas que poseen cargos superiores al suyo, pero sólo para, llegado el caso, auparse lo más alto posible, aunque luego tenga que pisotearlos.
¿Qué opina realmente o Sr. Puentes de Astano?
-Realmente ni tiene opinión, ni le importa lo que pase con Astano, solo dice lo que le indican desde las instancias superiores que tiene que decir. Por el se mandaba todo a la chatarra y se hacia otro parque como el de Audasa.
Falando do parque de Audasa,¿Cómo é que se fai, e se gastan tantos cartos nesa obra?
-Por total falta de previsión, cuando se encuentra con esa cantidad de dinero a emplear en tan poco tiempo, sufre una paralisis mental, y como no tiene ni la menor idea de donde los va a emplear, decide hacer esa obra, asi se asegura gastar esos 500.000 € que no sabía que hacer con ellos.
Pero,¿Non hai tamén outros cartos mal invertidos?
-Claro, es que la falta de ideas era total.Entonces se decidio a deshacer y hacer una plaza, como la plaza Verde, y a gastar casi la mitad en parques y jardines, sin importarle otras carencias más urgentes que tienen los vecin@s de Fene.
É, ¿O de "florear a mediana"?.
-Eso es un gesto populista, para que la gente que pase por Fene vea que esto es un jardín y que se hacen cosas, sin embargo los demás jardines que están en sitios poco vistosos están bastante abandonados. Por ejemplo,en el que hay en el Centro de Salud de Maniños solo se corta la hierba cuando llega por la rodilla.
Pero, ¿Non vai ser moi costoso o mantemento de tanta flor?
-Uff... mucho, hay que tener en cuenta que muchas de las flores son de temporada, y hay que cambiarlas varias veces al año, y no solo eso, la mano de obra va a ser carisima ya que son trabajos que llevan mucho tiempo.
Cambiando de tema, ¿Qué é o que nunca fai Puentes?
-Ponerse colorado, es totalmente increible, pero te puede contar una "milonga de la Hostia" y no se pone colorado.
¿Ten Puentes algún "record Guiness"?
-Si, tiene el record mundial de contar trolas en una hora, y porque la prueba era de solo una hora, si fuera de un día también lo tendría.
¿Qué significado ten a palabra "infinitas"?
-El número de trolas que puede llegar a decir en un pleno del Concello.
¿Cómo se sinte Puentes na Casa do Concello de Fene?
-Como una aguja en un pajar.
¿Cal é o seu deporte favorito?
-Aunque parezca mentira, es el alpinismo.
¿O alpinismo...?
-Si claro, es que lo de trepar es lo suyo.
¿Qué opina Puentes da Gripe A?
-Lo lleva muy mal, y no solo eso, a pesar de que la Ministra de su partido recomienda evitar a toda costa los besos y los apretones de manos, el la desobece un día si y otro también.
¿Cómo que desobece á Ministra?
-Claro, hay que tener en cuenta que a falta de gestiones y soluciones de problemas de los vecin@s lo unico que hace el Alcalde es besuquear a las mujeres y manosear, dar palmaditas y apretones de manos a los hombres.
Entón, ¿Cómo o Alcalde colla a Gripe A, contaxio seguro?
-Por supuesto, en ese caso si alguién da conseguido vez para ir al Concello a hablar con el Alcalde, no va a arreglar de ningún modo sus problemas, pero seguro que lleva algún besucón o algún manoseo, con lo que contagio seguro.
¿Ten Puentes sentido do humor?
-Rotundamente si, lo que pasa es que le encanta el" humor negro".
¿Cómo que o "humor negro"?
-Si, le gusta reirse de sus vecin@s, y lo hace siempre que puede. Como ejemplo te voy a decir que cuando se aburre mucho le echa un vistazo a su programa electoral, y se rie a carcajadas pensando en como le coló eso al pueblo.
¿Cómo se define Puentes a si mesmo?
-Residente ausente.
¿Qué significa residente ausente?
-Que se sabe que vive en Fene pero nunca se encuentra.Como ejemplo un poco salvaje, sería el Bin Laden de Fene, todo el mundo sabe que existe pero no hay quien le vea.
¿Cal é a pelicula favorita do Alcalde?
-Obviamente una de Jim Carrey, "Mentiroso Compulsivo", aunque también le gusta "Mentiras Arriesgadas".
¿E o seu personaxe histórico?
-Un personaje que figura en la biblia y en el que además se ve reflejado, el Apostol Judas Tadeo.
También siente predilección por Bruto, el hijo de César.
¿Cal é o seu Concello de referencia?
-Le gustaría que Fene se pareciera a la Marbella de Jesús Gil, y poco a poco lo va consiguiendo, vease sino lo ocurrido en las plazas de peón.
¿Haberá presupostos este ano?
-Esa es la pregunta del millón, lo veo dificil.
¿Axilizaranse as licenzas de obra?.
-También lo veo muy complicado.
¿E logo...?.
-La explicación es muy sencilla. El concejal que se encarga de Hacienda y de Urbanismo es el mismo, y a lo que se dedica en profundidad en a la asociación "Fuco Buxán" y a andar con las "caceroladas" cuando entra un gasero en la ría.
Pero, ¿É loable estar no Comite de Emerxencia contra a presenza de Reganosa na ría, non?
-Por supuesto, pero ya se sabe "quien mucho abarca poco aprieta" y hay que estar a lo que hay que estar.
Para rematar por hoxe. ¿Cal é a frase favorita de Puentes?
-Rotundamente, "El fin justifica los medios". Sean cuales sean los medios, con tal de conseguir el objectivo.

lunes, 14 de septiembre de 2009

Pepe Gotera e Otilio en Barallobre.

Pois si, os nosos amigos Pepe Gotera e Otilio, logo de esforzarse en amaña-lo bache polo sistema "made in Fene" xunto ao "Lembranza" tiveron o xusto premio e foron requeridos de novo para outra "gran obra".
Agora, as cousas non eran tan doadas, a cuestión era a colocación de farolas de alumeado público na estrada que vai dende a Estrada da Palma ata o casino de Barallobre ou os Institutos (Si, si, esa xa famosa da construcción das beirarrúas de nunca acabar).
E claro, como sempre, mentres Pepe Gotera collía unha "tallada" no casino de Barallobre, Otilio se afanaba en pensar a maneira de poñer unhas farolas nunha beirarrúa que debe ter un metro de ancho.
E posto no choio, axiña, "pim, pam pum", farolas colocadas.
¿En donde?. Pois no medio e medio da beirarrúa, ¡Que coño!, que hai que darlle un pouco de emoción á vida.
E agora xa temos, como os esquiadores ou como os de "scrach fene", un slalom, ainda que logo de buscar a definición de slalom, (¿ Qué es el Slalom? El Slalom es un deporte practicado en silla de ruedas cuyo objetivo es superar un número de obstáculos determinados en el menor tiempo posible.) xa me dou conta que esa non é a definición, xa que tanto en silla de rodas como en carrito dun bebe non podería facerse, xa que habería que baixar á estrada.
Bueno, é igual, comunico á xente axil que faga deporte e sexa amante do perigo, que en Barallobre teñen a oportunidade de face-la "Xornada do esquive de paos da lus"

martes, 18 de agosto de 2009

Amarillos vergonzosos.

Deixovos cunha queixa enviada por un veciño de Fene:


Quisiera que me publicarais este escrito que, con mucha rabia, me veo obligado a hacer.
Primero quiero decir que vivo en un edificio con garaje, el cual tiene su propio vado permanente en la actualidad, pero que para poder conseguir tubimos que realizar un sin fin de trámites, palos, dolores de cabeza y otras muchas cosas hasta poder conseguirlo y que el Ayuntamiento de Fene nos lo diera y nos pintara de amarillo. Incluso, aún me acuerdo de un par de veces que no pude salir con el coche del garaje, por tener uno aparcado y llegar tarde al trabajo. Todo esto viene a cuento de que el otro día estaba yo paseando por junto el Gadis que hay en Perlío, cuando me quede totalmente asombrado de que los edificios nuevos que están recien construidos alli al lado, tienen cada uno la acera pintada de amarillo SIN TENER VADO PERMANENTE. No salia de mi asombro, cuando me fijé y vi que estaba pintado como lo están los vados permanentes y zonas amarillas del resto de la calle, es decir la acera de amarillo y una cruz amarilla en el arcén. Yo no sé quién lo pintó, si los propietarios o el Ayuntamiento por que nolos vi, pero como está pintado como el resto de la calle, me da a entender que fue el Ayuntamiento. Me cogi un cabreo grandisimo al ver como no se nos trata igual a todos los vecinos, pero no quedo asi la cosa, aún estaba yo dandole vueltas a ese tema, cuando me fije que en el edificio que icieron enfrente al antiguo cine Perla pasa lo mismo, la ACERA PINTADA DE AMARILLO SIN VADO PERMANENTE, y despues vi tambien como el edificio que icieron donde estaba el cine Perla tambien tiene la acera pintada de amarillo sin vado permanente. Desde luego esto es muy vergonzoso o algo mas grave, yo no puedo decir quien pinto todas las salidas de los garajes, si los vecinos o el Ayuntamiento, pero desde luego el Ayuntamiento es el que tiene la culpa por permitirlo. Yo por lo menos lo que voy a hacer es decir en la reunión de la comunidad que se tomen las medidas para que nos sacen el vado y nos pinten de amarillo como alos demas. Y tambien desdeluego si fue el Ayuntamiento el que pinto creo que esta cometiendo alguna infración o algo que nose como definir, se me ocurre algo como:
trapalladas.f. 1. Cousa mal feita, sen coidado nin arte. Vaia trapallada que fixeches. SIN. chafallada, chambonada, marfallada, trangallada, zarangallada, zarapallada. 2. Conxunto de cousas sen valor. ¡Canta trapallada hai neste cuarto!

favors.m. 1. Servicio que se lle presta a alguén para axudalo. Fíxolle moitos favores. 2. Apoio, protección ou preferencia que se lle concede a alguén. Gañou o favor do público. s De favor.loc. adx. Como favor, que contén favor. Díxomo de favor. Un trato de favor. / En favor de. loc. prep. Para favorecer ou beneficiar a, para proveito de. Testou en favor da sobriña. Adoptáronse unha serie de medidas en favor do cliente. SIN. en beneficio de. / Por favor. Expresión de cortesía con que se pide algo. Entra, por favor.

prevaricacións.f. Utilización indebida que un funcionario público fai do seu cargo, intencionada ou interesadamente. Na adxudicación das obras incorreron nun delicto de prevaricación.

neptitude
ineptitude.s.f. Calidade de inepto. A súa ineptitude quedou de manifesto. CF.

incongruente.adx. 1. Que manifesta unha relación de conflicto ou de non correspondencia lóxica [con outra ou entre as súas partes] [cousa]. Un estudio incongruente. As conclusións do traballo son incongruentes co seu contido. 2. Que non pensa, fala, actúa, etc., en consonancia con [ideas, ditos, feitos, etc., máis habituais ou propios dela]. Un político incongruente coas súas mensaxes electorais. SIN. inconsecuente.

Para finalizar tambien quiero decir que es lo que pasa con los politicos del Ayuntamiento que estan en la oposición que es que no ven estas cosas o no las quieren ver. Gra
cias, un saludo y enorabuena por el blog. Firmado. un vecino de Fene con mucha rabia



sábado, 8 de agosto de 2009

Pepe Gotera e Otilio en Fene.





(Esta historia esta basada en feitos reais, ainda que os personaxes e o guión son ficticios, polo que calquera parecido coa realidade non deixa de ser mera casualidade.)

Estaba un día o Alcalde de Fene agardando no paso de peóns que hai diante da cafetería "Lembranza" na Avenida Naturais, cando se percatou que no arcén da estrada habia un bache.

Quedou ollando fixamente para o bache, e pensou:

"Este bache é competencia exclusiva do meu gran amigo José Blanco, pero claro, o home non da feito para asfaltar a estrada ata Betanzos, leva asi máis dun ano, e si xa non o molestei para que apurase, menos o vou molestar para que amañe este bache"

E asi pensativo, o noso Alcalde dirixiuse ata o Concello, en donde convocou unha xuntanza de goberno para buscar unha solución.

Logo de moito deliberar, atoparon unha solución ideal. Sería o propio Concello quen solucionara o tema.

Pero de novo se encontraron con outro problema, querían orixinalidade na solución e tiñan serias dúbidas da capacidade técnica dos traballadores municipais, polo que optaron pola solución definitiva da empresa privada.

É asi que unha maña se presentaron Pepe Gotera e Otilio para poñerse mans á obra, e namentras Pepe Gotera tomaba os viños no "Lembranza", Otilio, que viña sin almorzar, se papou os sacos de cemento, e cando se deu conta xa non podía cementar o bache, polo que cunhas tablas, unhas puntas, un martelo e unhos conos, fixo a obra de arte que ali se amosa

Pero non quedou asi a cousa, cando o Alcalde foi dar o visto bo á obra, atopouse uns peregrinos que se estaban sacando fotos no lugar, e que ao ser andaluces, non recoñeceron ao Alcalde, e entre eles, falando decian:

-"¡Y tu admiras las obras del Alcalde de Granada, esto si que es una obra de arte!"-

O Alcalde de Fene, totalmente satisfeito do que acababa de escoitar, foi ata a caseta de información turística que hai a poucos metros, e ali deixou claras indicacións de que se informara a todos os turistas de xeito preferente que esa era unha visita obrigada.

Pero tampouco quedou asi a cousa, xa que cando os peregrinos chegaron a Granada, e os amigotes lle preguntaron que tal lles fora a viaxe e que fora o que máis lles gustara, estes complentamente convecidos lles respostaron que nada de Catedral, nin Plaza de Obradoiro , nin gaitas! o mellor e máis bonito foi o sistema anti-baches de Fene.

E asi, boca a boca, e cunha adecuada propaganda nas axencias de viaxes, foi como o Xacobeo 2010 acabou afundindo o camiño tradicional, e poñendo en valor o Camiño Inglés que acabou sendo o camiño máis visitado, e con parada obligatoria na Avenida Naturais para a foto de rigor.

lunes, 20 de julio de 2009

¿Quo Vadis, Manuel Sánchez?

Pois si, o que está pasando con D. Manuel Sánchez, representante de Esquerda Unida no Concello de Fene, e para psicoanalizar con moita calma.



Primeiramente, lembrar a gran dedicación, traballo, humildade e dignidade que tiveron todos os representantes elexidos polo pobo de Fene, que perteneceron ao longo destes anos ás diferentes siglas que por unhos motivos u outros, tivo a formación comunista

Lembrar aos primeiros representantes baixo as siglas do P.C.G, logo polo P.T.G-UC, e finalmente baixo a denominación de Esquerda Unida, dos cales prefiro non dar nomes por medo a quedarme algún no tinteiro.


Todos eles, cunha base electoral pequena pero fiel, desenrolaron un gran traballo nas diferentes corporacións municipais, apoiando o votando en contra nos plenos segundo o que lle dictaba a súa conciencia ideolóxica.

Tiveron incluso o apoio de 1053 feneses nas eleccións de 1999, no que sacaron 2 concelleiros, soamente 161 votos menos que o PSOE que sacou tres concelleiros.



E ¿que pensaran agora todos esos fieis militantes e votantes da formación?

Dende logo, e profundamente penoso e lamentable a deriva ideolóxica e os bandazos que vai dando ultimamente o concelleiro electo desta formación.



Coido que a asamblea local de EU ten que tomar cartas no asunto, para non permitir que por culpa dunha persoa esta formación desapareza do mapa municipal fenés, por historia, por hixiene democratica, por necesidade e para dar saída as inquedanzas dos que realmente ainda creen nesta formación.



Asemade, tra-la decepción que están a levar moitos votantes socialistas por mor da palpable ineficacia do grupo municipal socialista, este señor, representante de EU, en vez de actuar con criterio para tentar atraer votos de esquerda cara á súa formación, non fai máis que espantalos, pero non só os do PSOE, senón moitos da propia EU, ao convertirse definitivamente nun "titere" de Puentes.



Todo isto, ven a conto de certas actuacións do sr. Sánchez, totalmente incomprensibles, como pode ser o voto a favor xunto có grupo de goberno da construcción do parque debaixo da autoestrada en Vilanova. Como a abstención, xunto ao grupo municipal socialista á Iniciativa Popular Lexislativa, Rumbo 21, para que Astano volte á construcción civil de barcos. E, para remata-la faena, votando en contra, xunto ao Sr. Puentes, de que se investiguen os indicios de presuntas irregularidades nas dúas plazas de peón.



¿Que pretendes, Manolo?

A min, só se me ocurren tres cousas:

Ou eres un infiltrado doutra formación que pretendes aniquilar a EU.

Ou eres totalmente inepto.

Ou pretendes que o Sr. Puentes te leve na próxima candidatura.



Si te queda un pouco de dignidade, DIMITE.

Só che falta entrar a gobernar en coalición có Psoe estes dous anos que quedan para remata-la faena.

jueves, 9 de julio de 2009

Remata o "culebrón" das prazas de peón.

Non sei si defini-lo remate dos exames como "sorpresa" ou como "xustiza".

Penso que as duas definicións son correctas:

"Sorpresa", posto que todos os indicios levaban a pensar que unha das prazas sería para o "crak" de aspirante que alcanzou a perfección no exame tipo test de 50 preguntas, respostas sin erro en breves minutos, e que nebargantes foi incapaz de repetir no exame de galego, no que tan só foi capaz de acertar a metade. Sendo superado por outro aspirante.

"Xustiza", posto que os aspirantes que ao final entraron, mantiveron unha gran regularidade en todos os exames, quedando, penso eu, demostrado que realmente foron os que máis estudaron e máis o merecían.

Unha vez rematadas as probas, é curioso a traxectoria do "favorito" nas tres probas.

(A información que de seguido vai, foi totalmente contrastada por fenefoxas, sendo correcta).

No primeiro exame, práctico, (manexo de fouciño) o "favorito" sacou un 7,07 sobre 10, con notas tan dispares entre membros do tribunal que oscilaton entre o 1 e o 9,5. Son cousas da vida, o que para algúns é un moi deficiente, para outros roza a perfección.
Do segundo exame, "A perfección en breves minutos", penso que xa está todo dito.
O terceiro, respostar 10 preguntas tipo test sobre o galego, no cal hai que reseñar que as respostas acertadas valen 0,50 cada unha e as en blanco ou incorrectas non restan, esta persoa pasou da perfección á mediocridade, xa que de 12 aspirantes, tan só 2 sacaron peor nota.
Neste exame, tamén cabia a posibilidade de cubrilo tipo "quinielístico", xa que ao non restar os erros, a porcentaxe de acertar algunhas, ainda que non tiveses nin idea, era estadísticamente alta

Neste exame foi imposible ningunha "trapallada", xa que se fixo e redactou no momento.

A regularidade dos aspirantes que entraron é manifesta, neste caso a do que superou ao "favorito", que foi de 6,05 - 9,1-5.

En todo caso, noraboa aos afortunados.


Noutro orde de cousas, saudar e agredece-lo saúdo do compañeiro de feneconcello, e ratifica-lo escrito no seu comentario de feneconcello no cal, tal e como afirma, temos en común que ambos entramos no mundo blogueiro grazas as actitudes censoras en ivanpuentes.com, como xa demostramos dende os primeiros comentarios Censura no blog de ivanpuentes

Grazas a todos, especialmente ao Sr. Alcalde de Fene, indudablemente o gran artifice de que estemos no mundo blogueiro.

miércoles, 1 de julio de 2009

ERA SABIDO!!

Evidentemente, era sabido, non colleu a ninguén por sorpresa.

Os presuntos indicios e sospeitas de que os exames para cubrir dúa plazas de peón estaban amañados, non van ser investigados.

É normal, si acusas a alguén de facer trampa, e lle preguntas, está claro que te vai decir que non a fixo, e si lle preguntas si quere que o investigues, te vai a decir que non.

Pois así son as cousas, segundo fontes ben informadas, o Alcalde de Fene e os seus esbirros, acompañados da "marioneta" do representante de EU, negaronse en redondo a que se investigase o asunto.

Esto é o que soe pasar cando alguén esconde algo, ou non ten as mans limpas e a conciencia tranquila.

Polo demáis, tan só engadir, que tamén é un pouco penoso que as notas do derradeiro exame que se fixo o pasado martes non se saiban ata a semana que ven, posiblemente ata mediados ou finais de semana.

Xa sei que a algúns do Tribunal lles da igual, pero ¿tanto tempo leva correxi-los exames de 12 persoas nun exame tipo test de 10 preguntas?
Ainda que só sexa por non ter aos aspirantes có corazón nun puño tanto tempo, non vaia ser que salte a sorpresa e ao final non saia o "Ilustrisimo".

Xa vai sendo moita hora de ter un pouco de respecto aos opositores.

sábado, 27 de junio de 2009

A sombra da sospeita.

Ante o aluvión de comentarios sobre as inacabables (son do ano 2005) e polemicas plazas de peón do noso concello, imos adicarlle un comentario, que ben o merecen.

Primeiramente, e segundo veridicas informacións, hai que sinalar que O EXAME TEN QUE SER REPETIDO, polo menos na proba teórica, no cal había que respostar 50 preguntas tipo test, xa que o enunciado da mesma valoraba cada resposta correcta con 0,25 puntos e cada incorrecta restaba 0,125 puntos, estando a valoración total entre 0 e 10 puntos.
Esto quere decir que si un opositor acertaba 41 preguntas e deixaba 9 en blanco, a súa puntuación debería de ser un 10,25, cousa non posible, xa que segundo o enunciado a máxima puntuación é un 10.
Do mesmo modo, os opositores que tiveron un 10 por ter un exame perfecto, deberían ter un 12,5.

O que non chego a comprender é a capacidade de complicación do "ilustrad@" que fixo o enunciado dese exame e que está nas bases das prazas, son gañas tremendas de complicarse a vida. Acaso é tan dificil poñer que, cunha valoración de 0 a 10 puntos, cada resposta correcta vale 0,20 puntos e cada incorrecta resta 0,10 puntos. Tan sinxelo como eso, e xa non teriamos problema nese senso.

Por outra banda, hai que sinalar que sobre a sospeita de que poido haber "chanchullos" para favorecer a un opositor que fixo un exame perfecto en pouco máis de 5 minutos, sinalar que cando máis da metade dos opositores presentan un escrito para denunciar uns indicios que os levan a pensar que poido haber trampa, a cousa é para, polo menos, facer unhas serias comprobacións sobre o tema.

Pois, é bastante clarividente que cando moitos opositores que non se coñecen entre si, non teñen relación, son de sitios distintos e, indudablemente, terán ideas politicas dispares, chegan a esa conclusión, a cousa é para meditala con paciencia. O unico nexo en común que teñen, é que, tras moitos esforzos, tratan de competir en igualdade para asegurarse un posto de traballo, que non é pouco.

Por esto último tamén, o tribunal ten a obriga moral, como minimo, de suspender o derradeiro exercicio e crear unha comisión de investigación allea ao tribunal (un pouco seria e non presidida polo Sr. Alcalde que xa preside o tribunal) e investigar o sucedido.

Si logo desta investigación se observa que todo foi legal, pois adiante, e noraboa aos aprobados, en caso contario, habera que repeti-las probas e esixi-las responsabilidades que correspondan.

Outro motivo máis para suspende-la proba, é que en caso contario, e que siga adiante , os aprobados (sobre todo si uns dos aprobados é sobre o cal caen as sospeitas) teran sempre sobre o seu lombo a sombra da sospeita, e o propio Concello de Fene quedará marcado como un concello corrupto neste tema.

Por unhas oposicións claras e limpas,

COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN, XA!

sábado, 20 de junio de 2009

Puede que nos quiten la vida, pero jamás nos quitarán la libertad.



Un rodaje de 1.110 monedas

Un policía local fenés intentó pagar su impuesto con calderilla de cinco céntimos para exigir abonos pendientes del Concello

Autor:
A. Vellón
Fecha de publicación:
20/6/2009

Pasaban unos minutos de las 11.30 horas cuando Francisco Tomás Corral, policía local de Fene, se acercaba a la consistorial con un cubo azul lleno de dinero. En su interior transportaba 1.110 monedas de cinco céntimos y una de dos céntimos. ¿Para qué? Para abonar con ellas los 55,52 euros de su impuesto de rodaje. «Son todas de curso legal, non vexo cal vai ser o problema para que más collan», afirmó.

Tras unos veinte minutos de cola, le llegó el turno en la primera planta del Concello. ¿Qué sucedió? Lo intentó, pero no lo consiguió. El motivo: «Íbanmas contar unha a unha e podíalles levar ata as dúas da tarde, aquí hai xente facendo cola e vaise colapsar todo isto. E eu non quero perxudicar ao resto de veciños, polo que finalmente paguei en billetes». Toda esa calderilla, dijo, fue reunida «na miña casa, dos cinco céntimos que van quedando dos cafés, que custan 95». Reconoció, no obstante, que «tamén me axudaron bastante» para recopilar todo ese botín.

Todo se desarrolló entre miradas curiosas de vecinos y funcionarios que subían y bajaban las escaleras de la consistorial o entraban en sus dependencias. Aunque algunos ya sabían cual era el telón de fondo de todo aquello: una protesta salarial.

Su guerra era con el Ayuntamiento y por eso decidió no colapsar las dependencias para hacer los ingresos del rodaje. Aseguró: «Os meus dereitos rematan cando perxudico os dos demáis». Y esa reclamación viene dada por el hecho de que, asegura, el gobierno local tiene contraída con él una deuda de unos 340 euros: 142,5 euros del Fondo Social del convenio del 2008, retribuciones por homologaciones de grupo desde el 1 de enero y la cantidad correspondiente a su sexto trienio de antigüedad de los meses de abril y mayo. Ya reclamó por escrito sin éxito. Aseguró: «Se non hai presupostos aínda e teño que agardar por iso, pois que se me explique». No descarta Corral pagar dentro de unos meses los casi cien euros de impuesto de basura «con moedas dun céntimo» si todo sigue igual.

El gobierno municipal explicaba, con respecto al pago de los trienios -que también afecta a otros trabajadores- que ni se niegan ni se dejan de abonar, sino que un procedimiento administrativo de carácter interno se varió y esos pagos se dilataron en el tiempo. Ayer mismo «xa quedaba redactado o informe de Intervención para poder facer o pago dos trienios dun xeito automático». Se resolverá, así, parte del problema de Tomás Corral.

lunes, 15 de junio de 2009

De Fene a Betanzos... ¡Unha eternidade!

Nestas datas primaverais, casi xa veraniegas, celebramos o primeiro aniversario do comezo das obras do asfaltado da N-651 entre Fene e Betanzos, concretamente o 9 de xuño de 2008.
Para celebralo, un partido politico da oposición, tivo que preguntar no Congreso dos Deputados si se sabe algo de rematar este choio, si queda así, ou si vamos que ser os propios veciños os que teñamos que poñernos mans á obra e rematala dunha p... vez!
Primeiramente, é lamentable ter que chegar ao extremo de preguntar no Congreso por esa obra, cando en circunstancias normais é unha obra totalmente sinxela que nun par de meses, como moito, ten que estar lista.
Pero moito máis lamentable é que a estas alturas da película, se resposte que se rematará "cando as condicións meteoroloxicas o permitan" e "ao longo deste ano", pero sin dar unha data concreta.
A importancia desta comarca para algúns está moi clara, unha obra de reasfaltado dunha estrada nacional, dependente de Fomento, de 30 km de distancia, sobrepasa con moito o ano e xa viveu dous ministr@s do ramo.
Os feneses levamos todo ese tempo aturando este incordio e "jodendo" os nosos coches cada vez que saimos pola Rúa da Fraga.
É bastante patético tamén, que os Sres. Alcaldes afectados por este tema non levanten a voz ou tomen medidas, e me refiro a todos, que si non me trabuco son varios e de distinta cor politica, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne e Betanzos, que á hora de recaudar o imposto de rodaxe andan ben finos.
Fai 2000 anos, os romanos tardaban bastante menos en empedra-las calzadas!
En fin, teremos que seguir apelando á santa paciencia.